Con febreiro, chegan as grandes historias de amor. Por iso eleximos "A Bela e a Besta" como conto para este mes baixo o significado "a beleza está dentro de min".
Chega o momento dunha nova asamblea de contos onde Libruxa entregará o novo reto:
- Conto elexido: A Bela e a Besta
- Obxecto máxico: unha rosa
- Reto final: Quérome como son, Quérote como eres
Neste caso atopámonos cunha historia de amor e de transformación, non só física por parte da besta, que cambia a súa forma monstruosa a unha humana, se non tamén de sentimentos por parte de Bela, que primeiro teme á Besta porque lle horroriza físicamente e pouco a pouco vai cambiando ese odio por amor cando se da conta de que Besta non é o que parece e vai coñecendo a súa personalidade, os seus gustos, o seu comportamento con ela…
Para superar o reto teremos que reflexionar sobre nós mesmos e abrir a nosa mente cara aos demais. Deixarlles ver como realmente somos.
Este foi o resultado coas palabras que nos definen:








