![](https://www.diadellibro.eu/images/stories/noticias/2017-AR-librosdelosoargentina-ilustracion-Gustavo-Aimar-Dia-del-libro-2017.jpg)
Á volta xa das vacacións, entramos de cheo na celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.
Todas as clases están xa inmersas na "Ecolimpíada: unha aventura polo monte", pero ademáis, dende a biblioteca, Libruxa estivo moi ocupada preparando unha pequena guía de recomendacións lectoras para estas datas cunha gran variedade de libros para todas as idades e necesidades.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional editou un díptico para conmemorar este día. Nese díptico aparece un poema dun dos referentes da literatura galega actual, a poeta e narradora Marilar Aleixandre, que o cedeu xenerosamente para esta proposta de difusión do Día do Libro. Trátase dun texto que convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como medio para cuestionar, aprender, dubidar e nunca conformarse.
![Resultado de imagen de DÃPTICO DÃA DO LIBRO 2019](https://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/marcapaxinas1_web.jpg)
![Resultado de imagen de DÃPTICO DÃA DO LIBRO 2019](https://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/marcapaxinas2_web.jpg)

Pensamos que sería unha boa idea compartir coa nosa comunidade educativa o texto de Marilar Aleixandre polo que aparece na portada da nosa guía: