Estes dous vindeiros meses son meses moi literarios e xa estamos pensando e preparando as actividades de cara ao día do Libro e das Letras Galegas, unha delas é a proposta dende a Microrrede PLAMBE A Mariña para a exposición conxunta no mes de maio e para a que esperamos a vosa participación tal e como fixestes o curso pasado.
Á volta de vacacións de Semana Santa entregaremos a carta e os materiais necesarios para levar a cabo o proxecto deste ano. A carta levará esta introdución común a todos os centros:
Un ano máis queremos propoñer ás comunidades educativas dos centros que formamos a “Microrrede das Bibliotecas PLAMBE da Mariña” unha nova actividade, con motivo das celebracións nos meses de abril e maio, Día do Libro e Día das Letras Galegas, que nos recordan a necesidade do fomento e dinamización da cultura, entendida como un ben común que propicia unha sociedade máis humana, igualitaria, crítica e libre. O lema deste curso é A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO.
Coma ben sabedes do curso anterior, este traballo é para facer en familia, polo tanto animámosvos a participar e desenvolver esa creatividade que sabemos que tedes.
Cada centro participante elixe o aspecto a traballar dentro do tema proposto, que nesta ocasión, como podedes ver, ten á muller como protagonista. Dende o noso cole pensamos que, algo típico de Burela que aúna tradición e cultura coa figura da muller é a elaboración das alfombras florais para as festas:
" Muller e tradición: as alfombras florais".
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjVbobLQA1HNDIh5hXp_ZBN6LSG9_XAnOQzh9M4n3Z9VkZ_s33MTDgKwfPpijx24mYkJn2xRX5FdULoTZESeu4SfzU6ENsSMVJtLOqFZDsVrHGgRs36dWYuxWzeM7KLJOUwzoMGqGF_w4s/s200/18836745_10154882462244332_7528184337232548856_o.jpg)
Esforzo e ilusión escondidos baixo as flores. Este ano ademáis é especial xa que se celebra o 25 aniversario das alfombras tal e como se elaboran actualmente, xa que antes só se facían a tramos. Decenas de veciñ@s de todas as idades traballan sen descanso durante todo o día para confeccionar cada ano o tapiz floral, un arte efímero que ten un gran traballo detrais, sobre todo das mulleres, tanto a nivel de organización como de elaboración do mesmo; vistas como unha maneira de compartir unha experiencia entre a xente do pobo, unha oportunidade de involucrar ás novas xeracións, e tamén como un exemplo de integración doutras culturas, xa bastante arraigadas na nosa vila.
Esta actividade será a nosa pequena homenaxe ao esforzo e traballo de tantos anos destas mulleres no mantemento desta tradición que xa forma parte da cultura mariñana e se convertiu nunha das máis importantes de Galicia. Intentamos coa nosa proposta facer un paseo en feminino a través da historia e do presente das alfombras florais visto dende a perspectiva dos nosos nen@s e as súas familias, moitas delas seguro que implicadas na elaboración das mesmas.
Así foi a carta que lle enviamos ás familias para que foran preparando os seus traballos e logo montar no cole a exposición:
Carta Alfombras by Nazareth on Scribd
Así quedou fimalmente a nosa pequena exposición-homenaxe a todos aquel@s, sobre todo mulleres que traballan cada ano con ilusión na elaboración das alfombras florais. Entre os traballos das familias aparecens varios collages das alfombras reais dende o ano 1996 ata o 2018:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgbPQL05-JJcd1TF_lIjcspeLKPXbufCvClVLwpcTwn6zbO6P4VEHFPZrhjU8jt6xhOpfXEVbhizgMK7UX0kOx7yt-jtscqSsDrc_eg4kVK6ob6QyoS5XpjlQcRCRH0xLlm6l5wEiW9i8M/s280/20180418_194637.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgbPQL05-JJcd1TF_lIjcspeLKPXbufCvClVLwpcTwn6zbO6P4VEHFPZrhjU8jt6xhOpfXEVbhizgMK7UX0kOx7yt-jtscqSsDrc_eg4kVK6ob6QyoS5XpjlQcRCRH0xLlm6l5wEiW9i8M/s280/20180418_194637.jpg)
A verdade é que as familias traballaron moito e conseguimos traballos moi variados: descripcións, poemas, contos, entrevistas...
Ademáis, nas nosas clases estamos a preparar nas clases de plástica unha pequena alfombra con elementos típicos de Burela e tamén relacionados coa muller. Estas son as plantillas que dividimos en 17 cachiños repartidos nas distintas titoráis. Veremos o resultado o día da exposición en Viveiro:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEioFVDcTBOf1wy-Mg6nrljfbu7AdBk05RRyryENx21U0kQnOEMb9MWccofCLbOX5ftk6VQYJSKZRec6HW1WmiIJNU_7hgMpBIlE-D6VwFxXsWZXDlUjotOM192SmB8qacKFCCy502iRkTg/s320/20180410_175533.jpg)
A semana anterior á exposición en Viveiro colgaremos no cole o cartel da mesma, así como a información relacionada cos distintos actos e actuacións dende o 7 ao 10 de maio:
Programa Microrrede 2018 by Nazareth on Scribd