Unha nova edición do noso xornal Vistalegrín acaba de saír.
Este ano "Vistalegrín 2015" trae consigo un suplemento moi especial que a todos os nenos e nenas lles encantará ver e ler: "As aventuras dos Vistalegrines", un fantástico cómic que elaboraron entre todos como traballo final do proxecto levado a cabo no colexio.
Por outra banda, no Vistalegrín 2015 mantéñense as seccións habituais de todos os anos: celebracións, saídas, traballos de aula, entrevistas, ... onde se recolle o máis salientable do acontecido este curso no colexio Vista Alegre.
AS AVENTURAS DOS VISTALEGRINES.
Suplemento especial do Vistalegrín 2015