Ademais de toda a información que Libruxa nos pon ao alcance da man, tanto nos libros como en páxinas web, tamén imos ter a oportunidade de achegarnos máis de cerca ao mundo da Ciencia, coñecendo e falando con dúas mulleres galegas dedicadas á investigación.
Énchenos de orgullo poder contar coa súa colaboración para que o noso alumnado teña un contacto máis directo e vexa máis accesible este tema.
Esta é SONIA VILLAPOL
que estudiou no IES de Meira e actualmente traballa no centro de Neurociencias e Mediciña Rexenerativa en Washington investigando sobre a protección das células nerviosas despois dun dano cerebral. Tamén fai investigacións para o National Institutes of Health de EEUU.
Esta é ÁNGELA VÁZQUEZ ÁLVAREZ
que estudiou no instituto de Grandas de Salime e no Politécnico de Lugo.
Hoxe en día desenvolve a súa actividade como investigadora na Universidade de Santiago de Compostela no Departamento de Enxeñería Agroforestal buscando como aproveitar a forza do mar para obter enerxía.
Esta é ÁNGELA VÁZQUEZ ÁLVAREZ
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhIjaZL4XmLghD4Bry5yeOh7faaeY0MU_9R3zvNlppgqBtcu3wVrz4YDPTEkqpMHo_xTUtjgq-_MeTX5E7OmzlJCAEJr78H2NoaqpzOd2IMLrM5Lg4VMBpyQPU0wI420sC9s0qGTW-kcbY/s280/%C3%A1ngela.jpg)
Hoxe en día desenvolve a súa actividade como investigadora na Universidade de Santiago de Compostela no Departamento de Enxeñería Agroforestal buscando como aproveitar a forza do mar para obter enerxía.