Biblioteca escolar do C.E.I.P Plurilingüe Vista Alegre de Burela.
Páginas
▼
16 nov 2012
O MAGOSTO
O pasado venres así celebramos o Magosto: ulimos e degustamos as castañas asadas, que por certo estaban moi boas e despois xogamos a un montón de xogos que nos gustaron moito. Antes dese día colocamos na entrada do cole unha exposición con froitos do outono e aprendemos unha morea de ditos, refráns e cantigas. Foi un día intenso pois tamén presentamos os paises que imos a traballar no proxecto Comenius.