Un ano máis, a IASL (International Association of School Librarianship) difunde un cartel e un lema para poñer en valor, no mes de outubro dunha forma intensiva, as bibliotecas escolares. Fai fincapé nos recursos que as bibliotecas escolares proporcionan ao alumnado e ao profesorado nese difícil asunto da adaptabilidade, da capacidade de enfrontar novos desafíos, novos retos; de enfrontar con éxito a diversidade individual e a pluralidade e complexidade que as aulas presentan.