Páginas

31 ene 2013

ENTROIDO 2013

Xa temos o MECO no cole! 
Faille caso e ven como che manda!  Acórdate!

Para saber moitas cousas do ENTROIDO preme na imaxe.

23 ene 2013

UNHA ESCRITORA DE L.I.X. NA ACADEMIA

Estamos de noraboa: a RAG (Real Academia Galega) elixiu a Fina Casalderrey como académica numeraria. Unha muller galega, escritora e mestra que nos achega historias coas que emocionarnos e disfrutar. No recién nacido club de lectura de 6º curso escollimos un dos seus moitos libros.

Desde a biblioteca mandámoslle os nosos parabéns.




"A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria.
Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).
Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!"



20 ene 2013

DÉIXATE APADRIÑAR

Desde a Bibliotecadocole en Moaña, un vídeo para reflexionar:

Déixate apadriñar

18 ene 2013

APERTAS DE PAZ

Dese o Ceip ANDRADE chégannos estes preciosos vídeos que nos van preparando para o  noso  habitual taller  que celebramos no
DÍA DA PAZ




17 ene 2013

ENCANTADO DE COÑECERTE!

ENCANTAD@ DE COÑECERTE!
Así están de contentos os nenos e as nenas dos coles que participan neste proxecto. Ao longo de dous cursos intercambiaremos información dos nosos países e así achegarémonos a diferentes culturas para coñecernos mellor e adoptar posturas solidarias e respetuosas desde a nosa propia identidade.

Preme AQUÍ para ver o que imos investigar durante este curso.

10 ene 2013

DÍA DA PAZ

O 30 de xaneiro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA PAZ E DA NON VIOLENCIA polo que propoñemos a primeira actividade para o alumnado de 2º e 3º ciclo. Trátase dun traballo de investigación para saber máis sobre este tema.
A paz constrúese no día a día, cos ladrillos que cada un vai colocando. Cada un debe ir apuntando o seu. Porque a paz é u edificio que só se mantén se todos o sostemos.
Tamén atoparedes moitos recursos premendo na pomba na parte dereita do blog.