E PARA DESPEDIR O CURSO FIXEMOS UNHA CAMIÑATA ATA CANGAS.
CANSAMONOS UN POUCO PERO PASÁMOLO MOI BEN.
LIBRUXA DESÉXAVOS UN BO VERÁN!
Páginas
▼
24 jun 2010
FESTIVAL FIN DE CURSO
Aquí tedes unha mostra do festival fin de curso. Foi moi variado: teatro polo alumnado de Infantil, recital de poesías de Uxío Novoneyra a cargo dos nenos e nenas de 3º curso e coreografías dos demais cursos. Familias, alumnado e profes pasárono moi ben.
22 jun 2010
A Flor Máis Grande do Mundo
Unha curta que me parece unha xoia! É un relato para nenos/as e para maiores, con debuxos animados, que se chama " A flor máis grande do mundo ".Está escrito e contado por JOSÉ SARAMAGO.
Dende LIBRUXA vai esta cariñosa homenaxe a este escritor que faleceu o venres pasado.
Dende LIBRUXA vai esta cariñosa homenaxe a este escritor que faleceu o venres pasado.
9 jun 2010
CHARO PITA e ÓSCAR VILLÁN
MOCHILAS VIAXEIRAS
As MOCHILAS VIAXEIRAS remataron, por este curso , a súa vaixe. LIBRUXA recibiunas na biblioteca e soubo da boa acollida que tiveron entre as familias e o alumnado."PARECEUNOS UN PROXECTO MOI INTERESANTE, UNHA BOA MANEIRA DE FOMENTAR A LECTURA NOS NENOS E NENAS CA PARTICIPACIÓN DOS MAIORES", este é un dos comentarios recollidos nos cadernos que acompañaban as mochilas.